Sobre min


Despois de licenciarse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, realiza un máster en Dirección de Cine na London Film School. Como directora explora diversos formatos. A súa curta Anatomía dunha Serea (2022) destacou en festivais pola súa mirada de xénero, e Illa Pedra (2010) foi a primeira curta de ficción en galego con audiodescrición para invidentes. Tamén crea videopoemas baseados na obra de Lara Dopazo, como ovella (2017). Grelei raíces no teu lar (2025), a súa primeira longa documental, forma parte da súa tese doctoral na Universidade Royal Holloway (Londres), onde estudia a representación do parto no cine. A súa investigación versa sobre identidade, maternidade y representación. Neste marco foi recoñecida co premio á Mellor Comunicación Científica no IV Congreso sobre violencia obstétrica (UJI, 2025) e nomeada aos Learning on Screen Awards 2024 (Londres). Ten publicado en revistas como ‘International Journal of Iberian Studies’ e participado en congresos como o da Asociación Internacional de Estudos Galegos ou da Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña. Ademais, no 2015 funda o Galician Film Forum, organización que exhibe cine galego no Reino Unido, y tamén conta con máis de dez anos de experiencia na produción audiovisual, coordinado rodaxes para National Geographic, HSBC ou restaurantes con estrella Michelin.

Conta tamén con experiencia docente tanto no ámbito universitario como en obradoiros para crianzas.